Ola,
Son mestre de educación musical, e neste curso imparto a materia a alumnos do segundo ciclo de educación infantil e do primeiro ciclo de educación primaria nun CRA.
Este blog nace como práctica para o curso de formación de dinamizadores e dinamizadoras de TIC en centros educativos impartido polo Centro de Formación e Recursos de Santiago...
... e o admito. É o meu primeiro blog.
Espero sacarlle partido ao uso dos blogs, aínda que no centro educativo ao que pertenzo usamos a páxina web do centro para publicar contidos referidos ao mesmo, e tamén estamos probando o uso privado do foro para traballar de forma conxunta.
O famoso Drupal 5.7
Boa sorte no curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario